Avisos
MÁIS INFORMACIÓN NO 1º ANDAR DO PAZO DA CULTURA
Calendario de setembro de exames, probas e prazos de matrícula do Conservatorio Profesional de Música
O Concello de Carballo, a través das concellarías de Cultura e Educación informa do calendario de exames, probas e prazos de matrícula do Conservatorio Profesional de Música para o mes de setembro:
- Datas dos exames de recuperación de setembro: O alumnado que teña algunha materia pendente para recuperar en setembro deberá presentarse ás probas que terán lugar o mércores 15 de setembro a partir das 17.00 horas. O alumnado que teña pendente a materia de SAXOFÓN realizará o exame o venres 17 de setembro ás 17.00 horas.
- Datas das probas de acceso a graos elemental e profesional: O alumnado que desexe presentarse ás probas de acceso aos graos elemental (2º, 3º, 4º) ou profesional (2º, 3º, 4º, 5º, 6º) na convocatoria de setembro, deberá realizar a matrícula entre o 6 e o 10 de setembro. As probas terán lugar o mércores 15 de setembro a partir das 17.00 horas. IMPORTANTE: antes de realizar a matrícula consulte o número de prazas vacantes por especialidade.
- Audición e presentación de instrumentos para o alumnado de novo acceso (1º Grao Elemental): Aqueles alumnos/as que estén preinscritos no 1º curso de grao elemental deberán asistir (xunto co pai/nai/titor/titora) á audición e presentación de instrumentos que terá lugar no Auditorio do Pazo da Cultura o 15 de setembro a partir das 20.00 horas.
- Datas de matrícula en setembro: O alumnado que superase (ou non) as materias pendentes en setembro así como o alumnado que sexa de nova incorporación, deberá realizar a matrícula entre o luns 20 e o venres 24 de setembro.
INFORMACIÓN XERAL:
O prezo da matrícula ordinaria é de 180,30 € (curso completo por especialidade+servizo de tramitación). No caso do alumnado de nova admisión o prezo da matrícula é de 198,38 € (curso completo por especialidade+servizo de tramitación+taxas por 1ª inscrición). As familias numerosas que o acrediten terán unha redución do 50% sobre o importe total da matrícula. O alumnado que realice a preinscrición para o 1º curso de Grao Elemental non aboará ningunha taxa.
Para a realización destes ou outros trámites deberán dirixirse ao 1º andar do Pazo da Cultura (Oficinas de Cultura), ben chamar por teléfono ao número
981 704 300 ou enviar un e-mail a
<miguel@carballo.org>.
Os interesados/as poden descargar o calendario en pdf para imprimir neste mesmo aviso.
INSCRICIÓNS DO 6 AO 16 DE SETEMBRO
Aberto o prazo para anotarse nun curso para obter o certificado de lingua galega Celga 3
O Concello de Carballo, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, organiza un curso preparatorio para o exame de obtención do Certificado de lingua galega de nivel Celga 3. O curso comeza o 29 de setembro e terá lugar no Pazo da Cultura de Carballo de luns a xoves en horario de tarde.
O prazo de inscrición comeza o luns día 6 de setembro e remata o día 16 do mesmo mes. A inscrición pode facerse no Servizo de Normalización Lingüística, no Pazo da Cultura, de luns a venres, en horario de 10.00 h a 14.00 h, cubrindo un ficha de inscrición e entregando unha fotocopia do documento de identidade. O curso é gratuíto e o número de prazas está limitado a 30 persoas, para o que se respectará a orde de inscrición.
Datas
|
Celga 3 |
| Data de comezo | 29 de setembro |
| Data de remate | 25 de novembro |
| Horario | De luns a xoves de 17.00 a 19.30 |
Inscrición no curso
|
|
| Prazo | Do 6 ao 16 de setembro de 2010 | |
| Lugar | Servizo de Normalización Lingüística (Pazo da Cultura 1º andar. Rúa do Pan, s/n); de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas |
| Documentación | Ficha de inscrición cuberta e fotocopia do documento de identidade |
| Prezo | Gratuíto |
| Número de prazas | Para o seu desenvolvemento o curso deberá contar cun mínimo de 20 persoas e cun máximo de 30 |
| Admisión | Para a admisión respectarase unicamente a orde de inscrición. O día 22 de setembro publicarase a listaxe de admitidos/as en wwww.carballo.org e mais no Servizo de Normalización Lingüística |
| A realización do curso está condicionada á concesión da organización por parte da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia |
Exame
|
|
| Data do exame Celga 3 | Sábado 27 de novembro de 2010 | |
| Lugar | Calquera das cidades galegas |
| Prazo de matrícula no exame | Até o 8 de outubro |
| Documentación para a matrícula | - Folla de matrícula debidamente cuberta
- Fotocopia do documento de identidade
- Xustificante de pagamento das taxas
|
| Solicitude de matrícula | Por Rexistro na Xunta de Galicia |
| Taxa de matrícula | 15,61€ |
Os interesados e interesadas poden descargar a convocatoria dos cursiños e o impreso de solicitude en pdf neste mesmo aviso.
DE SETEMBRO A DECEMBRO
A Residencia da Praza de Vigo acolle obradoiros para maiores en colaboración con La Caixa
A Residencia de Maiores da Praza de Vigo, en colaboración coa Obra Social La Caixa, acolle obradoiros para persoas maiores de 60 anos co obxectivo de que aprendan e melloren o seu estado de saúde a través de consellos, recomendacións e exercicios creados por profesionais médicos e sociais. Trátase dun programa totalmente gratuíto titulado "El Reto de la Autonomía" que durará tres meses repartidos en sesións de dous días á semana (luns e mércores) de 90 minutos cada unha. Os horarios a elixir son de 16.30 a 18.00 e de 18.00 a 19.30 horas. A actividade supón unha atención integral: ámbito sensorial (coidado e educación dos sentidos), motor (exercicios relacionados coa vida diaria nas áreas de flexibilidade, tonificación, coordinación, equilibrio e marcha), cognitivo (atención, memoria, funcións executiva se linguaxe) e social (dinámicas de grupo). Os obradoiros desenvolveranse na Aula de Usos Múltiples da Residencia da Praza de Vigo e, ademais de que a actividade é gratuíta, as persoas que o desexen poden contar tamén con transporte gratuíto proporcionado pola Obra Social La Caixa. O curso principia o 15 de setembro e os interesados e interesadas en participar ou en obter máis información poden facelo na Oficina de Servizos Sociais da pranta baixa do Concello ou no teléfono 981 704 706.
PRAZO ABERTO ATÉ O 19 DE AGOSTO
Convocadas as subvencións para a rehabilitación de vivendas no medio rural
O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) vén de publicar no DOG a convocatoria das subvencións a fondo perdido para a rehabilitación e renovación de calidade de vivendas no medio rural e conxuntos históricos de Galicia para o exercicio económico 2010 nun procedemento de concorrencia non competitiva. As solicitudes poden presentarse até o 19 de agosto. No que respecta aos importes máximos das axudas, son os seguintes:
- 1. Subvencións para vivenda unifamiliar rural: O importe máximo será de 2.580.000 euros. Os citados importes distribuiranse nos departamentos territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, coa seguinte repartición: A Coruña 464.400 euros, Lugo 903.000 euros, Ourense 696.600 euros, Pontevedra 516.000 euros.
- 2. Subvencións en conxuntos históricos.
- Familias e institucións sen fin de lucro: o importe máximo será de 2.300.000 euros. Os citados importes distribuiranse nos departamentos territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, coa seguinte repartición: A Coruña 759.000 euros, Lugo 782.000 euros, Ourense 414.000 euros, Pontevedra 345.000 euros.
- Empresas privadas: o importe máximo será de 100.000 euros. Os citados importes distribuiranse nos departamentos territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, coa seguinte repartición: A Coruña 38.000 euros, Lugo 23.000 euros, Ourense 27.000 euros, Pontevedra 12.000 euros.
Os interesados e interesadas en consultar a convocatoria polo miúdo, incluíndo os requisitos para a solicitude, os prazos ou o lugar de presentación, poden facelo na orde do DOG publicada o 19 de xullo de 2010 neste mesmo aviso.
ATA NOVO AVISO
Peche temporal do Telecentro de comunicación do Pazo da Cultura
O Telecentro de comunicación do Pazo da Cultura de Carballo permanecerá pechado ata novo aviso. O motivo é o cese por parte da Xunta de Galicia da responsable da Rede da Dinamización da Sociedade da Información neste espazo, encargada até o de agora do servizo. A Xunta está desmantelando esta rede co obxectivo de crear unha nova máis ampla, pero que contaría co financiamento dos municipios implicados e non do organismo autonómico. Todos os anos o Telecentro pecha un mes durante o verán. Este ano, ao producirse o cese da dinamizadora o 30 de xuño, o Concello decidiu pechar o servizo á espera de atopar unha solución que permita a reapertura da Aula de informática o antes posible.
DEBERÁN ESTAR LIBRES DE RESIDUOS
Bando do Alcalde sobre a limpeza dos solares situados no casco urbano
Á vista do considerable número de solares deste concello que se atopan en presencia de herbas, maleza, residuos sólidos e roedores e que, por tanto, non reúnen os requisitos de seguridade, salubridade e ornato público a cuxo cumprimento están obrigados os seus propietarios. En cumprimento da
Ordenanza de seguridade, salubridade, hixiene, limpeza e ornato de parcelas, solares e edificacións e da
Ordenanza de limpeza do Concello de Carballo, faise público o recordatorio dos seguintes preceptos de xeral cumprimento para a cidadanía:
Primeiro.- Os propietarios deberán manter os seus predios limpos e libres de residuos, así como libres de animais perigosos ou de potenciais focos infecciosos, debendo realizar os labores preventivos que sexan precisos a tal efecto.
Segundo.- Os propietarios deberán evitar o crecemento incontrolado de maleza e outros vexetais que afecte ás parcelas colindantes. Tampouco poderán invadir as vías públicas, sexa na superficie ou no seu voo, salvo autorización expresa municipal, que se concederá tan só por motivos de interese natural ou estético e de conservación do patrimonio natural.
Terceiro.- É potestade do Concello a inspección e realización subsidiaria dos traballos de limpeza aos que se refiren os parágrafos anteriores. No caso de execución subsidiaria dos traballos polos servizos municipais, esta farase con cargo ao obrigado, sen prexuízo das sancións que correspondan.
CONCELLARÍA DE DEPORTE
O Concello informa dos horarios dispoñibles para o aluguer dos pavillóns polideportivos municipais
A Concellaría de Deporte que dirixe Marcos Trigo informa dos horarios dispoñibles para o aluguer dos pavillóns municipais, tanto o Vila de Noia coma o Carballo Calero. Os interesados e interesadas poden consultar as horas baleiras neste mesmo aviso. Os interesados e interesadas en facer as reservas poden chamar ao
teléfono 981 702 109, de luns a venres de 8.30 a 14.00 horas; e martes e xoves de 17.00 a 19.00 horas.
CONVOCATORIA PARA O ANO 2010
Solicitude para a concesión de prestación económica para fillos e fillas menores de tres anos
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar, vén de publicar as bases polas que se rexerá a concesión da prestacion económica de pagamento único por fillos e fillas menores de tres anos para o ano 2010. O prazo de presentación de solicitudes é de corenta días naturais a partir da publicación da orde de axudas no Diario Oficial de Galicia (DOG), é dicir, até o venres 18 de xuño.
Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillos/as menores de tres anos na data un de xaneiro de 2010 (nacidos entre o 2-1-2007 e o 1-1-2010, inclusive) e que, por razóns dos ingresos obtidos durante o 2008, nin elas ni ningún membro da unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a este período.
Entre os requisitos necesarios para a concesión das axudas, hai que mencionar o feito de que os proxenitores deben ter a súa residencia habitual en Galicia e que na data da solicitude os nenos/as convivan coa persoa solicitante. A prestación consistirá nun pagamento único por cada fillo/a menor de tres anos, sendo a contía da prestación de 360 euros por cada un dos fillos/as, sen que o mesmo fillo/a poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria.
As solicitudes poden tramitarse por vía escrita ou vía telemática:
- Vía escrita: A solicitude e a documentación requerida presentarase na oficina de rexistro xeral do edificio administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela, ou nos rexistros dos departamentos territoriais da Consellería de Traballo e Benestar.
- Vía telemática: Este mecanismo de presentación servirá para aqueles solicitantes que posúan un certificado dixital expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre ou a sinatura electrónica contida no DNI-e. Poderá accederse a esta presentación a través da aplicación informática establecida no enderezo de Internet: www.xunta.es/aplicacions/pfc.
Os interesados e interesadas en obter máis información poden facelo nas oficinas de Servizos Sociais do Concello de Carballo situadas na Casa do Concello, Praza do Concello, s/n, CP. 15.100 - Carballo. O número de teléfono é o
981 704 706. O horario de atención é de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas.
A orde completa publicada no DOG pode consultarse neste mesmo aviso.
SERVIZOS SOCIAIS
Aberto o prazo para solicitar as prazas de Termalismo Social do Imserso
A Concellaría de Igualdade e Benestar do Concello de Carballo informa de que está aberto o prazo para anotarse no programa de Termalismo Social do Imserso. A través desta iniciativa, o Estado español proporciona aos pensionistas que por prescrición facultativa precisen os tratamentos que se ofrecen no programa e que reúnan determinados requisitos, o acceso a prezos reducidos nos establecementos de termalismo.
Poden ser beneficiarios deste programa os cidadáns españois que cumpran as seguintes características:
- Ser pensionista do Sistema da Seguridade Social polos conceptos de xubilación ou invalidez, en todo caso, e polo concepto de viuvedade ou doutras pensións, unicamente cando a persoa beneficiaria teña cumpridos os 60 anos de idade. Igualmente, poderán ser beneficiarios/as os/as españois residentes no exterior, sempre que perciban unha pensión pública, teñan máis de 60 años e cumpran cos demais requisitos.
- Non padecer trastornos mentais graves que poidan alterar a normal convivencia nos establecementos, nin enfermidade infecto-contaxiosa.
- Poder valerse por si mesmo.
- Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a súa recepción.
- Realizar a solicitude no prazo indicado na convocatoria e acadar, nos baremos establecidos para o expediente, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitados.
- A persoa solicitante poderá ir acompañada do seu cónxuxe ou da persoa coa que conviva en relación de parella, para a que non se esixe a obriga de percibir pensión da Seguridade Social.
A Resolución de convocatoria para 2010 recolle dous prazos para a presentación de solicitudes. Para as quendas dos meses de febreiro e até agosto, ambos inclusive:
- Con prioridade na adxudicación de praza: até o 15 de xaneiro de 2010.
- Para a súa inclusión na orde que corresponda, na Listaxe de Espera de Prazas: até o día 17 de maio de 2010.
Para as quendas dos meses de setembro a decembro, ambos inclusive:
- Con prioridade na adxudicación de praza: até o día 17 de maio de 2010.
- Para a súa inclusión na orde que corresponda, na Listaxe de Espera de Prazas: até o día 29 de outubro de 2010.
A adxudicación de prazas efectúase de acordo coa puntuación obtida polos expedientes, tendo en conta os balnearios e as quendas solicitadas. A resolución adoptada notifícase por escrito a todas as persoas solicitantes. Os interesados e interesadas en obter máis información, poden facelo na páxina web do Imserso: