
09:00 A Unidade Móbil da Inspección Técnica de Vehículos (ITV) visita o Concello de Carballo. Atenderá os vehículos lixeiros, incluídos os agrícolas, os días 9 e 10 de setembro, así como o día 13. O horario é de 9.00 a 13.30 horas e de 15.30 a 18.00 horas excepto o luns 13 de setembro, en que a Unidade Móbil estará de 9.00 a 13.30 horas. A ITV estará situada no polígono industrial de Bértoa. Asignarase día e hora de atención ao público directamente na unidade móbil desde o primeiro día de chegada á vila ou no teléfono 881 920 977.
© Concello de Carballo, 2009