12:30 O Bosque do Añón (na imaxe) acolle durante todo o día e dentro do programa das Festas de San Xoán un amplo abano de actividades para todas as idades, incluíndo a celebración dun concurso gastronómico, varias actuacións musicais e actividades para os máis cativos e cativas. A cita está patrocinada pola Comisión de Festas de San Xoán, e supón o peche do programa. As actividades comezan a partires das 12.30 horas. Para consultar o programa de San Xoán ao completo, premer aquí.
13:00 A Festa do Bosque inclúe a celebración dunha sesión vermú coa actuación do Dúo Época no Bosque do Añón. A partir das 13.00 horas.
16:30 A Festa do Bosque acolle unha nova edición do Concurso de Sobremesas, que está patrocinado pola Pastelaría San Luis. A cita é a partir das 16.30 horas. A esa hora tamén está prevista a actuación do Grupo de Gaitas de San Cristovo.
17:30 O Bosque do Añón acolle a partires das 17.30 horas Xogos Populares para toda a familia. Así mesmo, é o escenario da 116ª edición do Campionato Mundial de baixada de augas doces de barcos de papel no río Anllóns. A cita é a partires das 18.30 horas e as inscricións a partires das 17.30 horas.
18:00 A sala da baixocuberta do terceiro andar do Pazo da Cultura de Carballo, sala Alberto Gende, acolle até o 30 de xullo a exposición "Obras por descubrir", unha mostra colectiva de autores de Carballo e da comarca que se realiza cada ano polo San Xoán e que nesta edición está dedicada ao desaparecido artista e deseñador gráfico Alberto Gende. Colaboran na exposicións os seguintes artistas: Emilia Rodríguez, Milagros Cotelo, Lola Oviedo, Mon Lendoiro, Antonio Taracido, Mª José Costa "Chiña", Miguel Anxo Calvo "O'Mighelo", Cristina Castro, Jacobo Veiga, Vicky Vilariño, Santi Picos, Adriana Suárez, Marcos Rodríguez, Antonio Reino, Manolo Eirín, Manuel Pazos, Peter Kramer, Nils Viga, Eva Facal e Juan Casares. O horario de visita é de 18.00 a 21.00 horas. Para obter máis información, premer aquí.
20:00 A Festa do Bosque conta cunha serie de concertos cun total de catro actuacións musicais para pechar o seu cartel. Hai que subliñar que haberá unha pantalla xigante para poder ver a final da Eurocopa de fútbol 2012 e que as actuación poden verse modificadas pola retransmisión do partido. A primeira cita é un concerto de música tradicional ás 20.00 horas, mentres que sobre as 22.00 horas, e dependendo do partido, está prevista a actuación en segundo lugar do grupo carballés Versión Imposible.

23:00 A Festa do Bosque conta a partires das 23.00 horas coa actuación dos grupos Lobishome e Metralletas Lecheras. No primeiro caso trátase dunha banda que se define a si mesma como un "power trio moi macarra" que amosan frescura nas letras e gañas de pasalo ben. Metralletas Lecheras (na imaxe) mesturan punk, new age e surf con cancións que fan referencia á actualidade dende a total desvergonza. Etiquétanse no estilo "gastropunk", cunha retranca non exenta de gargalladas. Estas dúas actuacións pechan a programación da Festa e do San Xoán 2012.
© Concello de Carballo, 2009