Concello de Carballo

Logotipo Concello de Carballo

Axenda municipal: 27 de xullo 2012

Axenda do Concello

Rolda de prensa para presentar os asuntos da sesión plenaria ordinaria do mes de xullo

11:30 A Casa do Concello acolle a partires das 11.30 horas unha rolda de prensa na que se dará conta dos asuntos incluídos na orde do día da sesión plenaria ordinaria de xullo, que ten lugar o luns día 30 a partires das 20.30 horas. Está prevista a presenza do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e da Tenente de Alcalde, Milagros Lantes.

Axenda Vive

A mostra colectiva "Obras por descubrir": na sala de exposicións Alberto Gende do Pazo da Cultura até o 30 de xullo

Inauguración

18:00 A sala da baixocuberta do terceiro andar do Pazo da Cultura de Carballo, sala Alberto Gende, acolle até o 30 de xullo a exposición "Obras por descubrir", unha mostra colectiva de autores de Carballo e da comarca que se realiza cada ano polo San Xoán e que nesta edición está dedicada ao desaparecido artista e deseñador gráfico Alberto Gende. Colaboran na exposicións os seguintes artistas: Emilia Rodríguez, Milagros Cotelo, Lola Oviedo, Mon Lendoiro, Antonio Taracido, Mª José Costa "Chiña", Miguel Anxo Calvo "O'Mighelo", Cristina Castro, Jacobo Veiga, Vicky Vilariño, Santi Picos, Adriana Suárez, Marcos Rodríguez, Antonio Reino, Manolo Eirín, Manuel Pazos, Peter Kramer, Nils Viga, Eva Facal e Juan Casares. O horario de visita é de 18.00 a 21.00 horas. Para obter máis información, premer aquí.

Axenda Vive

A Praza do Concello acolle o concerto "Bandas Sonoras" a cargo da Orquestra Sinfónica de Melide e The Cerne

Bandas Sonoras

22:30 A Praza do Concello acolle a partires das 22.30 horas o concerto da Orquestra Sinfónica de Melide e o grupo de rock carballés The Cerne que presentan "Bandas Sonoras", unha proposta na que o público gozará das melodías máis célebres do cine. Apoiados polo Ballet Atlántico e os solistas Susana de Lorenzo, Alberto Cunha, Irene Ruiz e Belén Rey e dirixidos por Fernando V. Arias poñerán en escena un entretido programa para todos os públicos. Con esta aposta musical, o Concello contribúe á celebración dos 25 anos da creación da edición en Carballo de La Voz de Galicia, que colabora coa organización deste concerto. A cita é de balde e tamén conta coa colaboración da Deputación da Coruña, da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e da Xunta de Galicia. Máis información, premendo aquí.

Buscador:


<< 2012 >>
<< xullo >>
L M M X V S D
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31          

© Concello de Carballo, 2009