Concello de Carballo

Logotipo Concello de Carballo

Axenda municipal: 30 de xullo 2012

Axenda do Concello

Presentación da campaña de doazón de sangue do Centro de Transfusión de Galicia

12:00 Responsables do Centro de Transfusión de Galicia e do Concello de Carballo presentan en rolda de prensa a campaña de doazón de sangue que se desenvolverá no municipio nos próximos días. Está prevista a presenza do Alcalde, Evencio Ferrero; do Concelleiro de Réxime Interior, Xose Regueira; dun representante de Protección Civil; e da representante do CTG, Ángeles Pazos. A cita é na Casa do Concello a partires das 12.00 horas.

Axenda Vive

A mostra colectiva "Obras por descubrir": na sala de exposicións Alberto Gende do Pazo da Cultura até o 30 de xullo

Inauguración

18:00 A sala da baixocuberta do terceiro andar do Pazo da Cultura de Carballo, sala Alberto Gende, acolle até o 30 de xullo a exposición "Obras por descubrir", unha mostra colectiva de autores de Carballo e da comarca que se realiza cada ano polo San Xoán e que nesta edición está dedicada ao desaparecido artista e deseñador gráfico Alberto Gende. Colaboran na exposicións os seguintes artistas: Emilia Rodríguez, Milagros Cotelo, Lola Oviedo, Mon Lendoiro, Antonio Taracido, Mª José Costa "Chiña", Miguel Anxo Calvo "O'Mighelo", Cristina Castro, Jacobo Veiga, Vicky Vilariño, Santi Picos, Adriana Suárez, Marcos Rodríguez, Antonio Reino, Manolo Eirín, Manuel Pazos, Peter Kramer, Nils Viga, Eva Facal e Juan Casares. O horario de visita é de 18.00 a 21.00 horas. Para obter máis información, premer aquí.

Axenda do Concello

Celebración da sesión plenaria ordinaria do mes de xullo

20:30 A corporación de Carballo celebra a sesión plenaria ordinaria do mes de xullo, que ten lugar a partires das 20.30 horas na casa consistorial. Entre os puntos principais da orde do día, destaca a supresión da paga extraordinaria de decembro de 2012 dos cargos electos do Concello. Para obter máis información, premer aquí.

Buscador:


<< 2012 >>
<< xullo >>
L M M X V S D
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31          

© Concello de Carballo, 2009