10:00 O Fórum acolle a celebración do curso "Estratexias cidadás para os tempos da crise", organizado pola Escola Técnica Superior de Arquitectura (ETSA) da Universidade da Coruña (UDC) coa colaboración do Concello de Carballo. Entre o 2 e o 6 de xullo está prevista a celebración de conferencias no auditorio da nave 1 do Fórum entre as 10.00 e as 14.00 horas, mentres que pola tarde está prevista a realización de traballo de campo de 16.00 a 19.00 horas. Para obter máis información, premer aquí.
18:00 A sala da baixocuberta do terceiro andar do Pazo da Cultura de Carballo, sala Alberto Gende, acolle até o 30 de xullo a exposición "Obras por descubrir", unha mostra colectiva de autores de Carballo e da comarca que se realiza cada ano polo San Xoán e que nesta edición está dedicada ao desaparecido artista e deseñador gráfico Alberto Gende. Colaboran na exposicións os seguintes artistas: Emilia Rodríguez, Milagros Cotelo, Lola Oviedo, Mon Lendoiro, Antonio Taracido, Mª José Costa "Chiña", Miguel Anxo Calvo "O'Mighelo", Cristina Castro, Jacobo Veiga, Vicky Vilariño, Santi Picos, Adriana Suárez, Marcos Rodríguez, Antonio Reino, Manolo Eirín, Manuel Pazos, Peter Kramer, Nils Viga, Eva Facal e Juan Casares. O horario de visita é de 18.00 a 21.00 horas. Para obter máis información, premer aquí.
© Concello de Carballo, 2009