Inicio O Concello Axenda institucional A Xunta de Goberno Local inicia o proceso de...

A Xunta de Goberno Local inicia o proceso de contratación da última obra do canon da auga do 2017

Luns 15 de xaneiro do 2018 13.30 horas - Casa do Concello

A Xunta de Goberno Local iniciará na sesión ordinaria do día 15 o proceso de contratación da última obra incluída no canon da auga de 2017, que consistirá na instalación dun sistema de desbaste automático na EDAR da Cepeira -que permitirá, por exemplo, evitar a entrada de toalliñas húmidas- e outras melloras nas redes de saneamento e abastecemento. O orzamento ascende a 614.481,32 euros.

Dentro do canon da auga do ano pasado tamén figuran outras obras en proceso de contratación: melloras das isntalacións electromecánicas da ETAP e das EDAR de Carballo e Razo (258.616 euros), rede de saneamento en Vilar de Cidre (216.555 euros), rede de saneamento no Cadabuxo, A Ermida e A Rachola (99.272 euros), rede de saneamento no Barral, Feira de Berdillo e Quintela (231.151 euros), rede de saneamento en A Redonda, A Igrexa, O Piñeiro e Outeiriños (254.009 euros) e redes de saneamento nas parroquias de Rus e Sofán (134.913 euros).

A orde do día da sesión do luns 15 figura no documento adxunto.

Descargas

Compartir: