Inicio Carballo ao día Axenda "Fíos do querer",...

"Fíos do querer", espectáculo musical para bebés de Cé Orquestra Pantasma

Xoves 25 de xaneiro do 2018 18.00 horas - Pazo da Cultura Lingua

Tecendo coas agullas máxicas do amor, dos bicos, aloumiños e fermosas primeiras experiencias compartidas e celebradas foi medrando Fíos do querer, envoltorio agarimoso dun home orquestra para xogar, cantar e bailar cos nenos e coas nenas de colo.

Participación: máximo 75 nenos/as de 0-3 anos, acompañados/as dunha persoa adulta, por orde de inscrición.
Inscrición previa de balde desde o día 18 de xaneiro no Servizo de Normalización Lingüística ou no enderezo electrónico nelvidal@carballo.gal.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística (SNL)

Compartir:


- 2020 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
1
2
3
30
31