Inicio Carballo ao día Axenda Baile de disfraces, charanga e enterro da...

Baile de disfraces, charanga e enterro da sardiña para celebrar o Martes de Entroido

Martes 13 de febreiro do 2018 A partir das 18 horas Cultura

Unha das citas que non podes perderte do Entroido de Carballo é a do Martes de Entroido. A festa comezará ás 18.00 horas co baile de disfraces para maiores, amenizado por Rocío Pérez, no Pazo da Cultura.

Media hora despois a música soará tamén polas rúas, xa que contaremos coa animación da charanga Os Charangos.

E ás 21.00 horas daremos a saída do Enterro da Sardiña desde a Praza do Concello ata o Parque do Anllóns, onde unha comitiva encabezada polo grupo de teatro Vagalume Animación e a Cruz Vermella de Carballo, á que pode sumarse todo o mundo, despedirán o Entroido.

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D