Inicio Carballo ao día Axenda Exposición de Adega sobre as especies...

Exposición de Adega sobre as especies invasoras

Do mércores 7 de febreiro ata o mércores 7 de marzo do 2018 Horario de mañá - Fórum Carballo

Que son as especies invasoras? Cal é a súa orixe? Que implica unha bioinvasión? Se algunha vez te fixeches preguntas coma estas, estes días tes ao teu alcance todas as respostas, e moitas máis, na exposición “Unha invasión silenciosa. A biodiversidade baixo ameaza”, que podes visitar no horario de apertura do Fórum Carballo.

A mostra, situada xunto ao auditorio, é unha iniciativa da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) coa colaboración da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia e, neste caso, tamén da Concellería de Medio Ambiente do Concello de Carballo. Trátase dunha exposición que recolle en 13 paneis diferentes aspectos relacionados coa problemática das especies invasoras, e que amosa, por exemplo, cales son os principais ecosistemas afectados, as especies máis comúns ou que podemos facer para atallar este problema.

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D