Inicio O Concello Axenda institucional Luis Lamas asiste á presentación da...

Luis Lamas asiste á presentación da campaña de concienciación da reciclaxe de vidro en Galicia

Luns 19 de febreiro do 2018 13.00 horas - Aquarium Finisterrae

O concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, asistirá o luns 19 á presentación da campaña de concienciación da reciclaxe de vidro en Galicia, dirixida principalmente á hostalaría. A iniciativa está organizada por Ecovidrio e a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta, xa que case o 50% do vidro dun só uso na nosa comunidade xérase na hostalaría.

Na xornada do día 19 participarán Borja Martiarena, director de márketing de Ecovidrio; Fernando Romay, e Beatriz Mato, conselleira de Medio Ambiente.

Compartir: