Inicio Carballo ao día Axenda Contacontos musical "As aventuras de...

Contacontos musical "As aventuras de Mamá Cabra"

Mércores 28 de febreiro do 2018 18.00 horas - Pazo da Cultura Cultura

Gloria Mosquera leva máis de quince anos creando cancións coas que gozar, aprender e cantar coa música do grupo Mamá Cabra, e coas que encher o mundo de notas musicais de cores vivas con cheiro a campo verde, de sons que darán vida a historias máxicas. Nesta ocasión e na compañía de Iago Rodríguez, ás teclas e percusións, levaranos polas creacións deste grupo, coñecido por pequen@s e maiores.

Participación: máximo 75 nenos/as de 1-4 anos por orde de inscrición.

Inscrición previa de balde desde o día 21 de febreiro no Servizo de Normalización Lingüística ou no enderezo electrónico nelvidal@carballo.gal.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística (SNL)

Compartir:


- 2018 +
- Setembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
4
9
10