Inicio Carballo ao día Axenda Volve o Rock Carballo con Amenaza de Muerte,...

Volve o Rock Carballo con Amenaza de Muerte, Strobos, Sonseis+ e Versión Imposible

Venres 2 de marzo do 2018 21 h - Pazo da Cultura Cultura

A cita musical das bandas carballesas por excelencia. Rock Carballo volve de novo coas pilas cargadas e con moitas gañas de ofrecernos a música en vivo que estas agrupacións van creando e arranxando ao longo do ano. Música global onde se mesturan as agrupacións máis clásicas coas máis alternativas, para seguidores/as do rock&roll, metal, rock fusión, pop  emúsica electrónica, unha oportunidade única para escoitar a evolución e creatividade destas agrupacións, así como á música que interpretan. Toda unha aposta pola diversidade musical na que versións de cancións xa coñecidas e novos temas de sinatura propia completarán o programa desta nova cita coas músicas máis actuais.

Entrada de balde ata completar aforo.

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D