Inicio Carballo ao día Axenda Tanxarina presenta o espectáculo "A...

Tanxarina presenta o espectáculo "A galiña azul"

Domingo 11 de marzo do 2018 18.00 h - Pazo da Cultura Cultura

Lourenzo ten unha galiña azul con cinco plumas vermellas na á dereita. É unha galiña moi bonita e rara, que ademais pon ovos de cores. E ten moi preocupadas ás autoridades, xa que non di caracá como as outras galiñas, senón que dí cocorocó.

A Galiña Azul, obra clásica da literatura infantil galega, fala da diversidade e da solidariedade. Emprega técnicas de manipulación de bonecos e de traballo actoral. Baixo a dirección e adaptación de Cándido Pazó, este texto de Carlos Casares cobra vida neste novo espectáculo dunha das compañía máis importantes de monicreques en Galicia, Tanxarina Teatro.

A obra A galiña azul foi galardoada co Premio ao Mellor Espectáculo de Títeres na FETEN (Feria de Teatro Para Niños y Niñas) de Xixón e é finalista aos Premios María Casares na categoría de mellor espectáculo infantil.

Intérpretes: Miguel Borines Fernández, Andrés Giráldez Río e Eduardo R. Cunha “Tatán” / Escenografía e creación de bonecos: Pablo Giráldez “Pastor” e Tanxarina / Música: Paco Martínez Barreiro / Vestiario:Carlos Alonso / Dirección e a daptación: Cándido Pazó /Texto orixinal: Carlos Casares.

Duración: 50 min.
Público: familiar
Entrada: 3€/2€

Rede Galega de Teatros e Auditorios

Compartir:


- 2021 +
- Febreiro +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3