Inicio Carballo ao día Axenda De Vacas en concerto

De Vacas en concerto

Venres 16 de marzo do 2018 21.00 h- Pazo da Cultura Cultura

Son catro vacas.

Catro vacas que rin e cantan.

Catro vacas que cantan en todos os idiomas do mundo, que aman os nosos poetas, que rescatan retrousos esquecidos, tarareos que foron populares nas voces de importantes estrelas como Mónica da Laranxeira ou Cristina da Aguieira.

Este cuarteto musical, De Vacas, regresa a Carballo coas versións de temas venerados polas masas e maltratados pola historia, serán rescatados grazas a un novo estilo fresco e divertido, co que emocionarse e rir realizarase a partes iguais. Puro deleite musical. Ven pacer con elas!

Intérpretes: Paula Romero, Inés Salvado e Faia Díaz (voces) e Guillerme Fernández (guitarra)

Duración: 1hora15min
Público: adulto
Entrada: 5€/3,5€

Rede Galega de Teatros e Auditorio

Compartir:


- 2018 +
- Xuño +
L
M
M
X
V
S
D