Inicio Carballo ao día Axenda Plantación e...

Plantación e amadriñamento/apadriñamento de landras no Horto Infantil

Sábado 24 de marzo do 2018 12.00 a 14.00 horas - Horto

A actividade no Horto Infantil Ecolóxico Municipal non para!

Dentro das actividades programadas para conmemorar o Día da Árbore, este sábado 24 celebrarase unha xornada de amadriñamento e apadriñamento de landras nas instalacións da rúa Nardos, na que poderán participar todas as familias que o desexen sen necesidade de inscrición previa. Abonda con pasar polo horto, entre as 12.00 e as 14.00 horas, con ganas de traballar para axudarnos a lograr o noso obxectivo: crear unha gran carballeira.

Cada participante plantará unha landra nunha maceta. Para que o proceso de apadriñamento e amadriñamento quede perfectamente rexistrado, no momento da chegada cada neno ou nena facilitará os seus datos e asignaráselle un número, que se corresponderá co da súa maceta. As plantas inventariadas quedarán ao coidado do horto, e cando chegue o momento de transplantar as que saian adiante contactarase coa madriña ou padriño para que poida facelo.

Animádevos, cantas máis mans, mellor!

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4