Inicio Carballo ao día Axenda Danza, acrobacias e clown con Lusco e Fusco

Danza, acrobacias e clown con Lusco e Fusco

Sábado 14 de abril do 2018 13:00 horas - Xardín Municipal Cultura

A compañía de teatro Lusco e Fusco chega a Carballo con Viaxes, un espectáculo de rúa que reflicte as necesidades constantes do ser humano por ter unha vinculación con outro ser humano e os efectos que carrexa o devandito encontro. A linguaxe coreográfica e acrobática investiga sobre o apego e a dependencia emocional á que estamos expostos nas relacións. Dúas persoas encóntranse casualmente: tócanse, ólense, séntense e comezan o seu camiñar xuntas. As emocións debuxan unha historia polas relacións humanas, desde a bondade máis verdadeira ata a maldade extrema.

Comedia e vistuosismo físico mesturarán no Xardín Municipal danza con acrobacia, equilibrios, malabares e clown da man dunha compañía que xorde da unión de dous dos artistas destacados dentro do panorama do novo circo e teatro físico galego: Pablo Reboleiro e Alfredo Pérez “Fredy”.  

Ficha artística: Dirección: Compañía Lusco e Fusco e Pablo Sánchez / Intérpretes: Pablo Reboleiro e Alfredo Pérez “Fredy” / Coreografía: David Loira e Alexis Fernández / Deseño de luces: Afonso Castro / Espazo sonoro: Fran Pérez “Narf” / Vestiario: Clotilde Vaello

Apto para todos os públicos
Espectáculo da XVI Primavera en Danza. Organiza: Concellería de Cultura
Deputación da Coruña

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D