Inicio Carballo ao día Axenda "Hollywood" chega a Carballo da man da...

"Hollywood" chega a Carballo da man da compañía de Andrea Quintana

Venres 20 de abril do 2018 Ás 21:00 horas - Pazo da Cultura Cultura

"Hollywood" chega a Carballo da man da compañía de Andrea Quintana

Os/as espectadores/as que este venres 20 se acheguen ao Pazo da Cultura a ver o último traballo de Andrea Quintana e Alberto Cortés, poderán gozar dun auténtico guión cinematográfico norteamericano levado ao mundo da danza ata converter toda a ficción en só verdade. Construído por desfeitos acumulados, de misterio como Seven e de amor como Dirty Dancing, Hollywood reflexiona sobre o triunfo e o fracaso, o acerto ou o erro. Os dous artistas válense de diversas linguaxes escénicas como o teatro e a danza para crear esta viaxe de norte a sur e viceversa. 
<<Something like this but not this>>

Ficha artística: Creación: Andrea Quintana e Alberto Cortés / Iluminación: Azael Ferrer / Música orixinal: Col-Lectiu Loopa! / Espazo sonoro: Elena Casanueva / Construcións plásticas: Luís Alhama e Fátima Montero / Imaxe: 99 páginas.

Duración: 1 hora 20 mins.
Público: Adulto
Entrada: 4 € / 3 €

XVI Primavera en Danza
Organiza:
Concellería de Cultura
Rede Galega de Teatros e Auditorios


Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D