Inicio Carballo ao día Axenda A compañía vasca Lasala fai unha...

A compañía vasca Lasala fai unha paréntese no tempo con "Now"

Venres 27 de abril do 2018 Ás 21:00 horas - Pazo da Cultura Cultura

A compañía de danza Lasala aterra na XVI Primavera en Danza co eu espectáculo Now disposta a facer unha paréntese no tempo e xerar un espazo onde reflexionar sobre as expectativas creadas e sobre o realmente logrado. A peza, que ten como punto de partida unha fábula sobre a aguia real americana, reflicte o comportamento do ser humano ao chegar á madurez preguntándose se o vivido ata o de agora é realmente o que buscaba.

Dirixida por Judith Argomariz e integrada por artistas do ámbito da danza e da fotografía, esta compañía vasca centra as súas producións na continua indagación dunha linguaxe física e unha estética actual que reflicta as inquedanzas do equipo.

Ficha artística: Dirección e coreografía: Judith Argomaniz / Intérpretes: Carla Diego, Sergio Moya, Rafke Van Huoplines, Jaoitz Osa, Garazi Etxaburu, Ángela Arrieta, Jean Basptiste Tolosana e Urko Arakistain / Asistente coreografía: Jaiotz Osa / Deseño de luz: Gabo Punzo / Escenografía: Ionpa Martikorena e Eduardo Andrés / Deseño de vestiario: Xabier Múijika

Duración: 50 mins.
Público: Adulto
Entrada: 5€ / 3,5€

XVI Primavera en Danza
Organiza: Concellería de Cultura
Rede Galega de Teatros e Auditorios

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D