Inicio Carballo ao día Axenda Estudantes de 5º de primaria do CEIP Fogar...

Estudantes de 5º de primaria do CEIP Fogar protagonizan unha "Revolución en verso"

Mércores 25 de abril do 2018 Ás 18:00 horas - Pazo da Cultura Cultura

Na XIII Semana do Libro e da Lectura, que organiza a Concellería de Cultura do 23 ao 27 de abril, os nenos e nenas son, ademais de espectores, protagonistas das tardes de contos, música e maxia enmarcadas no ciclo Mulleres de Conto. E senón que llos digan aos alumnos e alumnas de 5º curso de primaria do CEIP Fogar, que o vindeiro mércores 25 porán en escena a súa particular Revolución en verso, un recital co que pretenden fomentar a curiosidade e o amor polos libros entre os máis cativos/as ao tempo que amosan a súa paixón pola poesía. 

Participación: Público Familiar
Entrada: Libre e de balde ata completar aforo
Organiza: Concellería de Cultura
XIII Semana do Libro e da Lectura


Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D