Inicio Carballo ao día Axenda Contacontos infantil con Trécola Teatro

Contacontos infantil con Trécola Teatro

Mércores 2 de maio do 2018 18:00 horas - Ludoteca Municipal Cultura

Tring, tring, tring! Miska e Muska son grandes amigas unidas por unha paixón común: a bicicleta! Tras un inesperado reencontro, comenzarán a rememorar historias de bicis; e é que a elas nunca lles gustou o fume dos coches, o ruído que hai nas cidades... prefiren outros medios de transporte menos contaminantes. Lembrarán cando se coñeceron nunha disparatada viaxe polo mundo; de Lolo, que aprendeu el só a ir en bici; da galiña da tía Amelia, que quería uns patíns; e da peculiar carreira entre unha lebre e unha tartaruga.

Un espectáculo de Trécola Teatro, divertido e cheo de historias fantásticas, no que os teus fillos e fillas aprenderán ademais a importancia de coidar o medio ambiente con xestos tan cotidianos e saudables como empregar a bici para os seus desprazamentos.
 
Se estás interesado/a en asistir, dáte présa porque xa está aberto o prazo para recoller os convites na Biblioteca Rego da Balsa. Bule, non quedes sen o teu!

Público: Nenos e nenas de 4 a 10 anos
Entrada: Libre e de balde ata completar aforo (convite previo) 
Organiza: Concellería de Cultura

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4