Inicio Carballo ao día Axenda Poesía, faladoiros e música no...

Poesía, faladoiros e música no Festival Contra-Letras do Casino 1889

Do mércores 16 de maio ata o xoves 17 de maio do 2018 Ás 21:00h e ás 11:30h - Casino Carballo Cultura

O Casino 1889 súmase á conmemoración do Día das Letras Galegas coa celebración do Festival Contra-Letras, que se desenvolverá os días 16 e 17 de maio cun programa cargado de letras e boa música. A programación arrincará o mércores pola noite cun Asalto Poético, no que poderán participar todas as persoas que o desexen. O único que se precisa son ganas de pasalo ben e ler moita poesía. Ademais do recital, haberá actuacións musicais para animar a velada. 
   
Os actos continuarán o xoves 17, ás 11:30 horas, cuns faladoiros nos que participarán destacadas personaxes da cultura galega. Xa pola tarde, haberá un obradoiro de creación poética aberto á participación do público en xeral. Os interesados/as en asistir poderán anotarse a través da páxina de facebook da entidade ou no propio local o mesmo día da actividade. E falando de prazos, o martes 15 será o último día para entregar as composicións que opten ao I Certame Poético Festas Minervais do Casino, cuxa entrega de premios está prevista para o Día das Letras. O cartel complétase con xogos e brincadeiras para os máis pequenos/as.

Participación: Todos os públicos
Entrada: Libre e de balde
Organiza: Casino 1889
Colabora: Bodegas Carballo

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D