Inicio Carballo ao día Axenda Galeatro achega as Letras ao público...

Galeatro achega as Letras ao público infantil

Xoves 17 de maio do 2018 Ás 12:30 horas - Ludoteca Municipal Cultura

O Día das Letras Galegas, María Victoria Moreno -a escritora homenaxeada este ano- tamén estará presente nas actividades para os máis pequenos/as da casa cun espectáculo infantil a cargo de Galeatro, unha compañía formada en Carballo no ano 2013 para achegar aos espectadores as figuras máis relevantes das letras galegas.

Nesta ocasión, a súa proposta está baseada na estrutura da obra "A festa no faiado", da escritora homenaxead o próximo 17 de maio María Victoria Moreno. Baixo o título "Contos no faiado", os dous actores convértense nunha boneca chamada Uxía -que vive soa e abandonada no faiado dunha casa- e nun gato moi especial. Non vola perdades!

Organiza: Concellaría de Cultura
Colabora: Deputación da Coruña

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D