Inicio Carballo ao día Axenda XXXVIII Concurso infantil de pintura Luís...

XXXVIII Concurso infantil de pintura Luís Calvo

Xoves 17 de maio do 2018 Ás 11:00 - Praza do Concello Cultura

Coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, a asociación cultural Lumieira organiza a 38º edición do concurso infantil de pintura e debuxo Luís Calvo Sanz, dirixido a nenos de educación infantil, primaria, 1º e 2º da ESO. Como xa vendo sendo habitual, cada participante recibirá papel e ceras brandas necesarias para a realización de su obra, que será de temática libre.

Unha vez finalizado o concurso, arredor das 13h, o xurado elixirá aos gañadores e procederá á entrega de premios e ao sorteo de dúas bicicletas entre todos os/as participantes.

Desde hai máis de tres décadas, son moitas as xeracións de carballeses e carballesas que levan participado, cada 17 de maio, nesta iniciativa coa que se pretende, ademais de entreter, fomentar a creatividade e a imaxinación dos nosos nenos e nenas no día grande da nosa lingua.
 
Organiza: A. C. Lumieira 
Colabora: Concello de Carballo

Compartir:


- 2018 +
- Agosto +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
5
6
7
8
12
13
15
19
20
26
27
29