Inicio Carballo ao día Axenda Obradoiros Montessori con Apego

Obradoiros Montessori con Apego

Do martes 22 de maio ata o xoves 24 de maio do 2018 Ás 18:00h - Ás 11:00h - Pazo da Cultura Lingua

Esta semana volve o programa de actividades co Apego, que promove o Concello de Carballo desde o Servizo de Normalización Lingüística. E faino con dous obradoiros prácticos Montessori, dirixidos a pais e nais con fillos de 0 a 12 meses e de 3 a 5 anos, que serán impartidos por Giovanna Pose, guía Montessori en Aura Carballo.

A actividade consisitirá na realización de dous talleres nos que se traballarán diversas dinámicas sobre a linguaxe, o movemento, a área sensorial e cognitiva, a vida práctica e social e a educación artística, a partir do método educativo Montessori e aprendendo a acompañar os nosos fillos e as fillas no proceso de aprendizaxe do que son protagonistas.

As clases, que terán lugar no salón de actos do Pazo da Cultura, dividiranse en dous grupos en función das idades dos cativos/as. Así, o martes 22 de maio, ás 18h, será a quenda das familias con nenas/os de 3 a 5 anos e o xoves 24, ás 11h tocaralle aos pais e nais con bebés de 0 a 12 meses. En cada sesión poderán participar ata un máximo de 15 familias, admitidas por rigoroso orde de inscrición.

As persoas interesadas en asistir deberán anotarse no Servizo de Normalización Lingüística ou no enderezo electrónico nelvidal@carballo.gal, achegando os seguintes datos:

- Nome e apelido do pai/nai
- Nome da nena/o e idade
- Teléfono de contacto e enderezo electrónico

Participación
: Pais e nais
Entrada: Entrada libre e de balde por rigoroso orde de inscrición
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística e Aura Carballo

Compartir:


- 2019 +
- Setembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
2
3
8
9
10
11
12
13
23
24