Inicio Carballo ao día Axenda Cantacontos infantís cos Musicreques

Cantacontos infantís cos Musicreques

Mércores 20 de xuño do 2018 17:00 horas - Biblioteca Rego da Balsa Lingua

A piques de comezar as festas de San Xoán e ás portas das vacacións do verán, o programa de actividades con Apego despide o mes de xuño cunha sesión de cantacontos infantil a cargo do grupo Musicreques. O espectáculo, que pretende achegar a música clásica aos máis pequenos/as da casa dun xeito ameno e divertido, consistirá nunha representación teatral con monicreques e a interpretación de música en directo.

As escenas dos contos (con guión propio), interpretadas tanto no teatrillo de títeres como sobre a mesa, intercálanse con música ao piano de grandes compositores. Pola súa banda, a narración oral, na que a música segue moi presente, acompáñase de ilustracións e rimas, efectos musicais, manipulación de obxectos e cantos e soportes visuais para que os máis cativos participen da maxia dos contos.

Participación:
Nenas e nenos de 0 a 3 anos
Entrada: Libre e de balde
Organiza: Servizo de Normalización Lingüísta

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4