Inicio Carballo ao día Axenda Sorteo público da campaña...

Sorteo público da campaña "Quere o teu mercado"

Xoves 31 de maio do 2018 11.00 horas - Mercado Municipal

Estes días comprar no Mercado Municipal de Carballo ten premio. A Concellaría de Promoción Económica reforza a campaña “Quere o teu mercado”, promovida pola Xunta de Galicia, co sorteo dunha viaxe a Madeira (Portugal).

O sorteo realizarase o xoves 31 ás 11.00 horas, nun acto aberto a toda a cidadanía.

O premio consistirá nunha viaxe para dúas persoas que inclúe os voos directos dende Santiago, os traslados entre os aeroportos e o hotel e seis noites de estancia nun hotel de tres estrelas en réxime de aloxamento e almorzo.

A persoa gañadora terá de prazo para gozar do seu premio ata o 30 de novembro. 

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4