Inicio Carballo ao día Axenda Teatro Valacar de estrea en Carballo

Teatro Valacar de estrea en Carballo

Xoves 14 de xuño do 2018 21:00 horas - Pazo da Cultura Cultura

Teatro Valacar chega esta semana a Carballo para presentarnos a súa última obra Frechas do Anxo do Esquecemento, de Sanchis Sinisterra- Premio Nacional de Teatro- e baixo a dirección de Pedro Rubín. Unha historia sobre a identidade, a memoria e a capacidade de reinventarse na que tamén se trata o valor de esquecer o que se quere recordar, e recordar o que non existe, anhelando que exista. Morrer para nacer de novo pero coa lembranza do vivido e da expriencia. As risas e as emocións estarán aseguradas nun espectáculo capaz de demostrar que integración na sociedade tamén é posible grazas á cultura e ás artes escénicas.

Valacar naceu no ano 1989 como un taller de teatro dentro da ONCE e moi pronto converteuse nunha gran compañía, pasando a ser a primeira formación teatral de persoas con discapacidade visual de Galicia. Ao longo da súa traxectoria formáronse máis de 40 actores e entre as súas montaxes destacan farsas e comedias como Romería ás covas do demo, Farsa plautina, Lisístrata ou Los clavos de plata

Organiza: ONCE
Colabora: Concello de Carballo
Programación Festas San Xoán 2018

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4