Inicio Carballo ao día Axenda Obradoiro de cartografía e...

Obradoiro de cartografía e orientación

Do mércores 5 de setembro ata o sábado 8 de setembro do 2018 Espazo da natureza de Oza Cultura

A asociación ambiental Senda Nova organiza un cuurso de iniciación á cartografía e orientación para que coñezas ben a túa contorna e saibas que facer en caso de perda. Durante catro días, aprenderemos a adentrarnos na natureza con mapa, compás e brúxula. Aprender a situarse a través da cartografía e saber combinar estas ferramentas básicas para solucionar situacións comprometidas ante, por exemplo, a falta de visibilidade, son algúns dos obxectivos cos que se pretende acadar un mellor desenvolvemento nos espazos ao aire libre.

Se estás interesado/a en participar, infórmate dos horarios en asociacion@sendanova.org ou chamando ao número 630726820. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o día 3 de setembo. Anímate, é de balde!

Organiza: Senda Nova
Colabora: Concello de Carballo

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4