Inicio Carballo ao día Axenda O CCA celebra o seu primeiro Mercadillo de...

O CCA celebra o seu primeiro Mercadillo de verán

Do sábado 22 de setembro ata o domingo 23 de setembro do 2018 10.00 a 14.30 e 16.30 a 21.00 h - Mercado Municipal

Vinte establecementos carballeses, boa parte deles de recente incorporación ao Centro Comercial Aberto (CCA), participarán os días 22 e 23 no Mercadillo organizado pola entidade para dar saída ao stock de verán. O barco dos soños, Calzados Susa, Deportes San Remo, Alonso Moda, Zocas, Bámbola, Retoños, Modas Suárez, El rincón de María, -15, A fragua de Mo, Adamela, Atelier, Alesi, Zapatería Esther, D&A Complementos, Akira, Miriñaque, O armario de Pati e Poppy ofrecerán descontos de ata o 80% en produtos de temporada.

O Mercadillo de verán estará aberto na planta alta do Mercado Municipal. Paralelamente celebrarase un Mercadillo infantil, no que os nenos e as nenas poderán vender os seus produtos.

Compartir:


- 2019 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D