Inicio Carballo ao día Axenda Carlos Blanco e Touriñán presentan...

Carlos Blanco e Touriñán presentan "Somos Criminais"

Domingo 30 de setembro do 2018 20:30 horas - Pazo da Cultura Cultura

Temos unha cultura criminal propia? Delinquimos como galegos/as? Para responder a estas preguntas, os actores Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán analizan e dramatizan crimes autóctonos en todas as súas variables: desde o crime por arroutada ata o crime por acumulación de mala hostia, pasando polo crime familiar por causa das herdanzas, o asasinato por suxestión ou as orixes do narcotraficante galego. A conclusión é clara: Somos Criminais. Todo foi culpa da Fariña.

Neste ano que celebramos a 20 edición da Rúa dos Contos, quen mellor para iniciar o FIOT de sala que dous grandes e incondicionais deste ciclo pioneiro en Galicia? Ambos artistas formaron parte del en diferentes ocasións e non podiamos deixar de convidalos con esta obra que, desde a súa estrea, hai só uns meses, está a bater todos os récords de espectadores, superando xa os 30.000. 

Touriñán e Blanco son dous recoñecidos cómicos galegos que deciden retarse e currar xuntos nos escenarios cunha obra dirixida por Tito Asorey e texto de Xosé Prieto. Efectos, escenografía, atrezzo, disfraces, iluminación... Todo se vai  complicando ata chegar ao que imos ver. Teatro?, Show cómico?, Experimento? Vén e xulga ti mesmo/a! 

Intérpretes: Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán Vestiario: Juanjo Rig (Fabulare) Iluminación: Dani Juncal, Tito Asorey Escenografía e atrezzo: Carlos Alonso Tema “Somos Criminais”: Zënzar Produción: Condetrespés S.L., Undodez, Ainé Texto orixinal: Xosé Prieto Texto final: Xosé Prieto, Carlos Blanco, Xosé A. Touriñán Axudante dirección: Lois Blanco Dirección e dramaturxia: Tito Asorey

Entrada: 15 €. Venda de entradas na billeteira do Pazo da Cultura os martes e xoves, de 19:00 a 20:30 horas e 90 minutos antes da función. Tamén en www.ticketea.com, no teléfono 902 044 226 e en www.facebook/festivalinternacionaloutonodeteatro. 

Duración: 80 min
Organiza: Concello de Carballo e A.C. Telón e Aparte

Programación FIOT 2018

Compartir:


- 2019 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D