Inicio Carballo ao día Axenda A Musicleta protagonizará o...

A Musicleta protagonizará o pasarrúas do FIOT

Venres 28 de setembro do 2018 19:00 horas - Rúas de Carballo Cultura

Xa non queda nada para que dea comezo unha nova edición do noso festival máis internacional, o FIOT! E este venres, Pulpiño Viascón e o Sr. Lilí  serán os encargados de que todo o mundo se entere. Para elo, percorrerán as rúas de Carballo cos seus instrumentos (un serrucho máxico, un acordeón electrónico e unha gameboy) a bordo dunha musicleta moi especial e divertida, convertida nun escenario cheo de música e cor. Non perdas a oportunidade de ver e desfrutar do pasarrúas máis orixinal e animado do FIOT.

Programación FIOT 2018

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D