Inicio Carballo ao día Axenda Exposición 20 anos de Rúa dos Contos

Exposición 20 anos de Rúa dos Contos

Do luns 1 de outubro ata o xoves 1 de novembro do 2018 17 a 21 horas - Andar -1 do Pazo da Cultura Cultura

Acto inaugural da exposición

Acto inaugural da exposición

Hai 20 anos que o FIOT inaugurou en Carballo unha rúa. Unha rúa para encher de historias, de humor, de provocación, de...  vida. Por unha vez, trasladamos ao interior Pazo da Cultura a parte máis gamberra do FIOT, a unha praza imaxinaria onde invocar momentos vividos en cafés, pubs ou cervexarías, momentos que nos fixo gozar este ciclo pioneiro na narración oral en Galicia.

Non caben as máis de 200 funcións realizadas nin case os 300 artistas ou 131 compañías que lle deron pulo á ovella negra do FIOT con contos, historias, poesía, músicas e risas. Pero a creativa e divertida iconografía creada por Alberto e Juan Gende para as 20 edicións seguro que transportan a nosa memoria a moitas Noites de Rúa Chea...

Compartir:


- 2018 +
- Outubro +
L
M
M
X
V
S
D