Inicio Carballo ao día Axenda La Mosca Valiente, música ecléctica...

La Mosca Valiente, música ecléctica na Rúa dos Contos

Domingo 7 de outubro do 2018 13:00 horas - Cervexaría A Bombonera Cultura

Na Rúa dos Contos ademais de teatro, humor, monólogos, contos e narracións orais tamén imos ter a mellor música. Esta semana, tras quedar suspendida a actuación da compañía madrileña Chanson Mor'món por mor do accidente de tráfico que sufriu un dos seus integrantes e que o obriga a permanecer inmobilizado, teremos a oportunidade de ver unha novidosa e moi sorprendente proposta protagonizada por dous consagrados músicos pontevedreses. 

Tras unhas máscaras de «pressing catch» mexicanas, para permanecer no anonimato, e un repertorio do máis ecléctico agóchanse os integrantes de La Mosca Valiente, dous mozos de longa e notable traxectoria musical dispostos a levar o formato acústico ao límite con cancións de onte, hoxe e sempre.

Incapaces de etiquetarse a si mesmos, aseguran que o seu é "wrestling music", unha performance que combina diferentes ritmos, estilos e cancións, ao igual que acontece na loita libre profesional coas diferentes disciplinas de combate que abarca. Sen dúbida, o seu show dará que falar durante moito tempo e fará bailar e cantar a todos/as os/as que se acheguen a coñecelos esta fin de semana. Como para perdelo!  

Público: Todos os públicos
Entrada: De balde

Programación FIOT 18

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4