Inicio Carballo ao día Axenda "Papar sen cancelas", estrea absoluta...

"Papar sen cancelas", estrea absoluta con Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei

Xoves 11 de outubro do 2018 23:30 horas - A Barra Bar Cultura

A Rúa dos Contos ten o privilexio de contar coa estrea absoluta dun novo espectáculo de Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei: Papar sen cancelas. Un delicioso espectáculo cunha exquisita selección gourmet dos mellores pratos da nosa lingua, que tres cociñeiros cómicos preparán para algúns dos personaxes máis distinguidos do panorama galego actual. Comedia de alta cociña sobre a nosa cultura, interpretada por tres grandes coñecidos do público e moi respectados pola profesión.

Novos sketches, gags, xogos de improvisación e diálogos farán deste espectáculo unha aventura única e diferente na que a palabra, o clown e a improvisación serán os protagonistas da velada.

Público: Todos os públicos
Entrada: 3€. Inclúe convite a un aperitivo

Programación FIOT27

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4