Inicio Carballo ao día Axenda Arrinca o II Certame Microteatro M2 con "Mi...

Arrinca o II Certame Microteatro M2 con "Mi Bici"

Sábado 13 de outubro do 2018 13, 13:30, 19, 19:30 horas - Cereales Porteiro (Gran Vía 36) Cultura

Sen barreiras, sen artificios, sen rede. Teatro mínimo, intenso, en primeiro plano e en cru desde espazos cotiás, próximos, domésticos... nun metro cadrado. Trátase dunha nova experiencia, que xa acada a súa segunda edición, para que o público poida mirar aos ollos das actrices e actores, tocar, ulir e mesmo saborear vivindo intensamente o teatro desde unha perspectiva totalmente diferente.

Entre as 25 propostas recibidas este ano para participar no II Certame Microteatro M2, o xurado seleccionou as seis máis apropiadas para unha floraría, unha vivenda, un almacén de cereais, unha galería de arte, unha panadaría e un corredor do Pazo da Cultura. Seis espazos e teatro
físico, perfomance, clown, danza, música, poesía, manipulación de obxectos..., que comezarán co espectáculo de danza, circo e teatro físico de Fredi, un coñecido clown e acróbata que incorpora aos seus divertidos e tenros espectáculos múltiples técnicas circenses. Para achegar a risa a todo o mundo, anda a procurar novos espazos escénicos como artista de calle. Ademais de traballar con importantes e coñecidas compañías como The Chipolatas, esta semana participará no M2 coa súa última creación en solitario chamada Mi Bici, unha estrea absoluta para todo Galicia na que fai unha loanza a súa inseparable compañeira coa que tantos lugares descubriu.

A valoración dos espectadores premiará a mellor interpretación e o mellor espectáculo. Aínda que a entrada é libre e de balde, debido á limitación de aforo, recoméndase reservar praza enviando un enderezo eletrónico a: fiot.microteatroentrada@gmail.com (indicando nome do espectáculo, horario, nome e apelidos do espectador e teléfono de contacto).

Creación e interpretación: Alfredo Pérez Muíño (Fredi)

Público: Todos os públicos
Entrada: Libre e de balde. Aforo limitado a 10-20 espectadores
Duración: 15 min.

Programación FIOT27


Compartir:


- 2019 +
- Agosto +
L
M
M
X
V
S
D