Inicio Carballo ao día Axenda O clown galego Antón Coucheiro pecha o...

O clown galego Antón Coucheiro pecha o ciclo do Teatro de Rúa

Domingo 14 de outubro do 2018 13:00 horas - Praza do Concello Cultura

O clown, a danza, o circo e a maxia volven ao ciclo de Teatro de Rúa do FIOT da man dunha comedia visual sen palabras que precisa do público para triunfar.  O polifacético actor, director, dramaturgo e clown Antón Coucheiro estreará en Carballo, e para todo Galicia, o seu último espectáculo Camaré Sonambulante, unha viaxe noctámbula, un cabaré portátil, un show de variedades a bordo dunha cama, onde viviremos o universo dun bufón que non consegue durmir. Un pallaso insomne que conta ovellas. Mais quen está esperto, quen durme e quen soña? Se queres descubrilo, non faltes á cita. Agardámoste a pé de rúa! E, en caso dde choiva, o espectáculo trasladarase ao 2º andar do Mercado Municipal.

Intérprete: Antón Coucheiro Asistencia en clown e bufón: Pedro Fabiâo Escenografía: Coti Vestiario: Uxía P . Vaello Dirección: Natalia Outeiro “Pajarito”

Público: Todos os públicos
Entrada: Libre e de balde
Duración: 60 mins.


PROGRAMACIÓN FIOT27

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4