Inicio Carballo ao día Axenda Nova sesión de microteatro con Faunos

Nova sesión de microteatro con Faunos

Sábado 20 de outubro do 2018 13/13:30/19/19:30 horas - Corredor Pazo da Cultura Cultura

Tras o éxito acadado a pasada finde semana, volve o Certame de Microteatro Metro Cadrado cunha segunda entrega protagonizada por Faunos ou, o que é o mesmo, Rolando Sánchez e Fernanda Barrio, dous actores procedentes de compañías profesionais e amadoras que hai uns meses decidiron crear este espectáculo cheo de fantasía, creatividade e moita imaxinación denominado Antes que nada. Apúntaste a velo?

Sinopse: Antonio espera a alguén que non dá chegado. Terá tempo dabondo para formularse interesantes preguntas. Son o home e a muller o centro do Unicerso? Sábelo ti? É absurdo, ou non tanto?

Público: Todos os públicos
Entrada: Libre e de balde
Aforo: 20 espectadores/as
Duración: 15 min.
Creación e interpretación: Rolando Sánchez Selas e Fernanda Barrio Barcala

Programación FIOT27

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D