Inicio Carballo ao día Axenda "Iphigenia en Vallecas", con...

"Iphigenia en Vallecas", con María Hervás, sacudirá o corazón do FIOT

Sábado 20 de outubro do 2018 20:30 horas - Pazo da Cultura Cultura

Nin estuda, nin traballa. Pódela ver borracha polo barrio, tirada nun banco na praza, ou dando voces a deshoras. E todos o pensamos: “pedazo de porca, quinqui de merda”. Hai tantas como ela… Non obstante, di que nós, todos nós, estamos en débeda con ela; e que xa é hora de cobrar o que é seu. Iphigenia non é unha princesa, non ten un heroe que se poña da súa parte nin os concidadáns sofren polo seu destino. 

Gary Owen gañou o premio ao mellor texto no Festival de Edimburgo por esta nova versión do mito que traslada ata os nosos días, preguntándose que e a quen se está sacrificando hoxe. María Hervás interpreta á moza marxinal protagonista deste desgarrador texto, somerxéndonos na súa alma e golpeándonos. A súa versatilidade e amalgama de rexistros valeulle a esta grandísima actriz  importantes nominacións e premios, como o concedido pola Unión de Actores á mellor actriz protagonista. Ademais, público e crítica consideran esta montaxe como unha das mellores da última temporada.

Da man da compañía madrileña Serena Producciones chega ao FIOT unha das estreas máis agardadas do festival, Iphigenia en Vallecas. Vala perder? Achégate ata a taquilla do Pazo da Cultura 90 minutos antes de que dea comezo a función e consegue o teu convite. Consello de Fioteiro/a!

Intérprete: María Hervás Escenografía: Mónica Teijeiro Iluminación: Daniel Checa Son: Mar Navarro Produción: María Hervás e Serena Producciones Tradución e adaptación: María Hervás Autor: Gary Owen Dirección: Antonio C. Guijosa

Público: Todos os públicos
Entrada: 8 €
Duración: 85 min.

Programación FIOT27

Compartir:


- 2019 +
- Agosto +
L
M
M
X
V
S
D