Inicio Carballo ao día Axenda Contacontos infantil sobre o Samaín

Contacontos infantil sobre o Samaín

Mércores 31 de outubro do 2018 18:00 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

O Samaín xa está aquí! E as castañas! E o magosto! E os contos, as lendas, a música e os feitizos que envolven unha das datas máis máxicas do noso calendario e, sen dúbida, das máis agardadas polos peques da casa.

Desde a Concellería de Cultura, queremos celebralo con todos os nenos e nenas convidándoos a "unha presada de castañas", unha sesión de contacontos protagonizada por Catuxo, narrador de historias e gran coñecido do público infantil carballés.

Se ti tamén queres acompañarnos e descubrir algúns dos tópicos máis típicos desta festividade, vai reservando xa o teu convite na nosa biblio. É de balde!

Público: A partir de 4 anos
Entrada: Libre e de balde. Reservar convite
Organiza: Concellería de Cultura

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D