Inicio Carballo ao día Axenda O filme galego "Nove de novembro"...

O filme galego "Nove de novembro" achegará a realidade do colectivo LGTBI

Venres 9 de novembro do 2018 19:00 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

No fondo dunha relación residen sentimentos ocultos forxados por un pasado común. Segredos e rancores que o resto do mundo non ve, separados por un muro que parece infranqueable. O muro que separa a Roberto e Miguel non será o único que caerá nesta fría noite de novembro.

Este drama, dirixido e escrito por Lázaro Louzao ("Os seres sombríos"), é a primeira película que visibiliza a realidade do colectivo LGTBI, rodada en Galicia e integramente en galego.

Os actores Ademar Silvoso ("Lobos de Arga"), Brais Yanek ("Escoba!") e Sabela Arán ("Códice") encabezan o elenco de actores e actrices que participan neste filme, titulado Nove de novembro, e financiado grazas a unha campaña de crowdfunding na que se logrou recadar 10.000 €.

Queres un consello? Non volo perdades!

Público: Maiores de 16 anos
Entrada: Libre e de balde ata completar aforo
Organiza: Concellería de Cultura

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4