Inicio Carballo ao día Axenda "O pequeno circo das mans" con Trinke...

"O pequeno circo das mans" con Trinke Trinke

Mércores 14 de novembro do 2018 17:00 e 18:30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

A ratiña máis internacional de Lonxedetodo e unhas das personaxes máis queridas polo público infantil, Lilí Gruyére, regresa á biblio para desvelarnos outra das súas múltiples facetas en O pequeno circo das mans. Desta volta, os máis pequenos/as da casa quedarán sorprendidos/as coas anécdotas que lles vai contar do seu paso polo circo, onde estivo traballando un tempo. E, ao mellor, ata pode que se anime a revivir algunha!

Se tes nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 8 anos, recomendámosche que vaias retirando xa os convintes para non perder este espectáculo circense cheo de ilusión, traballo e moita dedicación, que nos achegará a compañia de teatro Trinke Trinke en dous pases para que ninguén o perda.

Público: Nenos e nenas de 3 a 8 anos
Entrada: Libre e de balde. Imprescndible reservar convite
Organiza: Concellería de Cultura

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D