Inicio Carballo ao día Axenda Trinke Trinke presenta os contos clásicos...

Trinke Trinke presenta os contos clásicos de Perrault

Mércores 28 de novembro do 2018 17:00 e 18:30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

A gran Lilí Gruyére, a ratiña máis internacional e querida polos/as peques da casa, viaxará, unha vez máis, desde a súa aldea de Lonxedetodo ata Carballo para contarlle aos nenos e nenas de 3 a 8 anos os Contos de Perrault, unha compilación das historias máis fantásticas e populares da literatura infantil con títulos como A Carapuchiña Vermella, O Gato con Botas ou A Bela Dormente, entre outros moitos. 

Reserva o teu convite con antelación e vén desfrutar xunto á túa familia dos grandes clásicos do escritor francés, interpretados pola compañía coruñesa de teatro Trinke Trinke. 

Público: Nenos e nenas de 3 a 8 anos
Entrada: Libre e de balde ata completar aforo. Imprescindible reservar convite
Organiza: Concellería de Cultura

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D