Inicio Carballo ao día Axenda A música tradicional de Habelas hainas...

A música tradicional de Habelas hainas chega a Carballo da man de Lumieira

Venres 23 de novembro do 2018 20:30 horas - Pazo da Cultura Cultura

Para conmemorar o Día Internacional pola eliminación da Violencia contra a Muller, a asociación cultural Lumieira, en colaboración co Concello de Carballo, organiza un concerto protagonizado polo grupo de mulleres Habelas hainas.

A formación, creada en 2010, está formada por catro mulleres pertencentes ao mundo da música tradicional con amplas traxectorias individuais. O seu punto de partida é a música instrumental de raíz, á que enganden os recursos de intrumentos tradicionais para crear un único son reivindicativo, feminista, festeiro, orixinal e cheo de ritmo, por suposto, galego.

Entrada: Libre e de balde ata completar aforo
Organiza:
AC Lumieira
Colabora: Concello de Carballo

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D