Inicio Carballo ao día Axenda Tres días de exposicións e...

Tres días de exposicións e obradoiros en Mercarte 2018

Do venres 21 de decembro ata o domingo 23 de decembro do 2018 11:00-20:30/11:00-16:00 - 2º andar Mercado Municipal Cultura

Como xa vén sendo habitual polo Nadal, volve Mercarte á segunda planta do Mercado Municipal. Do 21 ao 23 deste mes, a tradicional feira artística reunirá os mellores traballos dos/as creadores/as carballeses/as e bergantiñáns vinculados ao noso concello. A inauguración está prevista para o venres 21 ás 20 horas.

Mercarte estará aberto de forma ininterrompida de 11.00 a 20:30 horas agás o domingo 23 que pechará as súas portas ás 16:00 horas. Ademais, haberá obradoiros tanto pola mañá como pola tarde para nenos/as e maiores. Este ano, os artistas convidados serán: As Espigadoras, Carlos Botana, Esther Chamoso, Irmás Cartoné, La Platanera, Laura Torres, Laura Tova, Lidia Cao, Lola Oviedo, María Sanmartín, Nove Noel e Teresa Candal. A entrada será balde.

Organiza: Asociación Artística Crea Formas
Colabora: Concello de Carballo

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4