Inicio Carballo ao día Axenda Xornada formativa sobre a Pataca de Galicia para...

Xornada formativa sobre a Pataca de Galicia para o alumnado da Escola Municipal de Hostalaría

Mércores 9 de xaneiro do 2019 09.30 horas - Fórum

A Escola Municipal de Hostalaría acolle unha xornada formativa sobre a Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia. O programa é o seguinte:

  • Charla para o alumnado a cargo de José Antonio Chao Fernández, da I.X.P.
  • Showcooking de receitas coa Pataca de Galicia como protagonista, a cargo dun cociñeiro do colectivo Remollo, José Antonio Mallón
  • Concurso intracentro, no que participará o alumnado da I Escola de Hostalaría do Concello. Os/as participantes terán que reproducir unha receita sinxela proposta polo xurado, composto polo representante do Consello Regulador da Pataca de Galicia, o cociñeiro chef José Antonio Mallón e o director da Escola Municipal de Hostalaría, Fernando Agrasar. Nesta proba teranse en conta o sabor, a creatividade e o empratado, entre outros aspectos. O/a alumno/a gañador/a recibirá un lote de produtos (patacas, pelador, sifón e un mandilón).

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D