Inicio Carballo ao día Axenda A vida dos fillos da yihad no documental "Of...

A vida dos fillos da yihad no documental "Of fathers and sons"

Xoves 24 de xaneiro do 2019 20:30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

O director de Return to Homs, Talal Derki, volve á súa terra para vivir dous anos coa familia de Abu Osama, membro do grupo Al-Nusra, a rama de Al-Qaeda en Siria. Alí será testemuña de como os seus fillos son adestrados desde pequenos para converterse en soldados da yihad, unha realidade que plasmará no seu último traballo "Of fathers and sons", un documental que teremos a oportunidade de ver nunha nova entrega do ciclo de cinema árabe Amal en ruta Carballo para descubrir desde dentro que significa crecer cun pai que cre profundamente nunha sociedade que vive baixo as leis da sharía.

Sinopse: Osama e Ayman, adoran e admiran ao seu pai e obedecen as súas palabras. Mentres Osama parece seguir o camiño da yihad, Ayman quere volver ao colexio. Unha historia que, a través do día a día de dous nenos, permítenos comprender a complexidade e a traxedia do conflito que vive Siria actualmente.

Despois de gañar o Gran Premio do Xurado 2018 en Sundance, o director Talal Derki, nacido en Damasco e residente en Berlín desde 2014, amosaranos un país completamente devastado a través dunha viaxe moi persoal.

Derki estudou Dirección de Cinema en Atenas e traballou como axudante de director en moitas producións de longametraxes ademais de dirixir distintos programas en Arab TV entre 2009 e 2011.

Público: + 12 anos
Entrada: Libre e de balde
Duración: 98'
Organizan: Concello de Carballo e Fundación Araguaney-Ponte de Culturas

CICLO AMAL EN RUTA 

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D