Inicio Carballo ao día Axenda A longametraxe "Zagros" pechará...

A longametraxe "Zagros" pechará o ciclo de cine Amal en ruta

Xoves 31 de xaneiro do 2019 20:30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

A través do retrato dun home perdido, candidato casi involuntario á emigración, o director kurdo afincado en Bélxica, Sahim Omar Kalifa, repasa, na súa primeira longametraxe Zagros, a condición das mulleres no Kurdistán e o peso das tradicións e a familia.

Sinopse: Zagros é un pastor que vive nunha aldea kurda coa súa esposa embarazada Havin e a súa filla. O seu  pai dille que as personas chismorrean de Havin: hai rumores de que ela ten unha aventura. Zagros négase a dar crédito aos rumores e confía na súa dona.

Sahim Omar Kalifa é un cineasta belga-kurdo afincado en Bélxica desde 2001. No ano 2008 obtivo un máster na escola de cine Sint-Lukas, en Bruxelas. Ademais de ser preseleccionado en dúas ocasións para os Óscar por dúas das súas curtas, outro dos seus traballos, Nan, valeulle o premio á Mellor Película Estudiantil Flamenca no Festival Internacional de Cortometrajes de Lovaina. En 2017, recibíu a máxima distinción no Festival de Gante ao obter o Gran Premio á mellor película do certame con Zagros.

Entrada: Libre e de balde
Duración: 102'
Organiza: Concello de Carballo e Fundación Araguaney-Ponte de Culturas

CICLO AMAL EN RUTA


Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4