Inicio Carballo ao día Axenda Unha charla sobre o alzhéimer abre o ciclo...

Unha charla sobre o alzhéimer abre o ciclo "Os venres falamos en Sísamo!"

Venres 25 de xaneiro do 2019 20.00 horas - Centro Social Participación veciñal

A Asociación de Veciños Santiago Apósto de Sísamo pon en marcha unha nova actividade denominada "Os venres falamos en Sísamo!", un ciclo de conferencias que se desenvolverán ao longo de varias semanas e nas que se abordarán diferentes temas de interese para a veciñanza da parroquia.

Na primeira charla informativa, prevista para o venres 25 de xaneiro, o tema será o alzhéimer, unha enfermidade da que falarán Beatriz Crespo e Laura Barca, de Afaber.

A actividade é gratuíta e está aberta a todas as persoas interesadas.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4