Inicio Carballo ao día Axenda Lumieira convida a Carme Vidal a falar sobre...

Lumieira convida a Carme Vidal a falar sobre mulleres, represión e exilio

Xoves 28 de febreiro do 2019 20.00 horas - Casino 1889 Participación veciñal

A Agrupación Cultural Lumieira conmemora do Día Internacional das Mulleres coa conferencia de Carme Vidal "Mulleres que escriben as súas propias vidas: represión e exilio".

Licenciada en Filosofía e Xornalismo, Carme Vidal traballou en distintos medios de comunicación e gabinetes de comunicación e é autora da biografía de Maruxa Mallo da colección Mulleres de ANT na que tamén fixo a comezos de século as intruducións biográficas de Diarios de Syra Alonso e Cárcere de Ventas de Mercedes Núñez. Desde entón investiga arredor de autobiografías e libros memorialísticos de mulleres arredor do golpe militar de 1936 e a represión e o exilio posterior. Colaborou tamén no Album de Mulleres do Consello da Cultura Galega e no proxecto Memoria de Mulleres do Concello de Pontevedra ademais doutras iniciativas de recuperación da historia das mulleres.

Compartir:


- 2020 +
- Setembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
21
22
23
24
27
28
29
30